DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56706

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Ao non ser posible efectuar a notificación ás persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante este anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias do Rexistro Xeral do Concello de Cabanas, das 8.30 ás 13.30 horas, os días laborables de luns a venres.

Ref. catastral

Lugar

Propietario

Expediente

7593938NJ6079S0001SU

Lodeiro, Val-Porto

José Jaime Carballo Rey

934/2026

15015A011016640000GA

Chamoso, As Modias, Porto

Francisco Meizoso Piñeiro

1016/2026

Transcorrido o dito prazo e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo do procedemento sancionador que corresponda.

Cabanas, 21 de outubro de 2026

Fernando Couce Rodríguez
Alcalde