DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56708

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de convocatoria para a provisión en propiedade, a través do sistema de concurso por provisión ou mobilidade interadministrativa, dunha praza de arquitecto/a técnico/a (persoal funcionario) pertencente á oferta de emprego público do ano 2025.

As bases que regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza vacante de persoal funcionario do Concello de Gondomar publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 185, do 25 de setembro de 2026:

• 1 praza de arquitecto/a técnico/a, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase media e subgrupo A2, polo sistema de concurso por provisión ou mobilidade interadministrativa.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases de selección, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Gondomar, 25 de setembro de 2026

Paco Ferreira González
Alcalde