Está en trámite unha modificación substancial polo incremento da superficie ocupada (sup), código ms1:o0-i0-s1.0-v0.0, da concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario soterrado, a favor de Unión Fenosa Distribución, S.A., co fin de instalar unha liña de baixa tensión para a subministración de electricidade no porto de Portocubelo, de acordo coa Resolución do 24 de outubro de 2023, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia, e a acta de confrontación da superficie ocupada realizada o 21 de outubro de 2026.
Esta información faise pública para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición das persoas interesadas na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 22 de outubro de 2026
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
