DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 12 de novembro de 2026 Páx. 56752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 27 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución sobre o dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2026/3108-3 e dez máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense, na avenida da Habana, núm. 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, núm. 79, 1º, Ourense) e será resolta polo tribunal de instancia correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros; todo o cal se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 27 de outubro de 2026

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Número expediente

DNI/equivalente

PR204A 2026/3108-3

X1225820N

PR204A 2026/3317-3

53395831C

PR204A 2026/3353-3

76731800M

PR204A 2026/4374-3

34633902L

PR204A 2026/4588-3

34633902L

PR204A 2026/4593-3

44458243W

PR204A 2026/4714-3

Y7299540K

PR204A 2026/4826-3

34983319C

PR204A 2026/4875-3

44482018H

PR204A 2026/4883-3

34565740Y

PR204A 2026/5499-3

76722160W