En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións das reclamacións previas ditadas polo departamento territorial no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanselles as ditas resolucións ás persoas citadas nos anexos, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións. Transcorrido o prazo, de non o faceren, consideraranse efectuadas as notificacións no momento do vencemento do dito prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Infórmase, como consta nas ditas resolucións que esgotan a vía administrativa, de que contra elas poderán interpoñer demanda, ante o Xulgado do Social, dentro dos trinta (30) días seguintes ao da data da súa notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
A Coruña, 16 de outubro de 2026
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO I
|
Procedemento BS650A |
|||
|
Nº de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE |
Resolución |
Data da resolución |
|
150256395 |
33264815F |
Inadmisión |
15.7.2026 |
|
150050422 |
32699802N |
Acollemento |
6.7.2026 |
|
150039824 |
32792534P |
Desacollemento |
9.7.2026 |
ANEXO II
|
Procedemento BS650G |
|||
|
Nº de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE |
Resolución |
Data da resolución |
|
150018012 |
32381646S |
Desacollemento |
21.9.2026 |
