DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 12 de novembro de 2026 Páx. 56762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 22 de outubro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Coristanco (expediente IN407A 2026/262-1).

Expediente: IN407A 2026/262-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Proxecto para regulamentación LMT CBA807-substitución de apoios nº 9RFX718X//62-35-11-A-5 e nº 9RBBALBJ//62-35-11-A-6 (Coristanco).

Concello: Coristanco.

1. Características técnicas:

– Substitución dos apoios de formigón nº 9RFX718X//62-35-11-A-5 (danado estruturalmente) e nº 9RBBALBJ//62-35-11-A-6 (HV-400/13-CR1) por incumprimento de distancia mínima vertical de 6 m entre os apoios 9R89A35T//62-35-11-A-7-CT e nº 9RBBALBJ//62-35-11-A-6. Este último substitúese por un metálico de celosía C-1000/16-T35/180 (denominado nº Pr.6) e o apoio danado por un metálico de celosía C-1000/16-T35/180 (denominado nº Pr.5).

– Substitución do tramo de 182 m de condutor aéreo LA-30 mm2 por LA-56 mm2 entre os apoios Pr.5 e Pr.6.

– Para protección do CTI 15AEA6 Figueroa-Coristanco de 50 kVA, instalación dun seccionador de expulsión de tipo XS no novo apoio de celosía nº Pr.5.

2 . Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, e no seu caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 22 de outubro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados.
Concello de Coristanco

Nº de parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo
en pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Agra do Río

15029A048000380000DL

Rústico

Agrario

María Luz García García

Apoio 5

2.0

2

Chousa Vella

15029A048000300000DH

Rústico

Agrario

José Castro Vázquez

Apoio 6

2.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.