
Mediante a Orde do 3 de agosto de 2026 (DOG núm. 152, do 13 de agosto) publicáronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa Feder.
De conformidade co artigo 11 da mencionada orde de convocatoria, a resolución do procedemento de concesión correspóndelle ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes. Non obstante, de acordo coa súa disposición derradeira cuarta, esta competencia está delegada no director xeral de Emerxencias e Interior.
Unha vez rematada a fase de instrución, e vistas as propostas da Comisión Avaliadora do 2 de novembro de 2026 e do órgano instrutor do 3 de novembro de 2026, en aplicación dos artigos 9, 10 e 11 da referida orde de convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Adxudicar aos concellos, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos que se relacionan no anexo I o equipamento de emerxencias que se indica no dito anexo I, de acordo coa puntuación total obtida polos solicitantes.
Este equipamento adquiriuse e cofinanciouse co programa operativo Galicia Feder 2021-2027, obxectivo político 2; prioridade P2A, transición verde; obxectivo específico RSO2.4, Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas, e a través do financiamento autonómico, con cargo á aplicación orzamentaria 05.A1.212A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
Segundo. Establecer, como anexo II, unha listaxe de reserva co fin de redistribuír o equipamento no caso de renuncia dalgún beneficiario ou pola posible nova adquisición de máis equipamento. Esta redistribución será, se é o caso, elevada posteriormente ao órgano competente para resolver.
Na repartición deste material terase en conta a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equipamento da mesma especie na primeira adxudicación; en todo caso, esta segunda asignación non afectará a distribución inicial do equipamento entre as entidades solicitantes.
Terceiro. Os beneficiarios deste equipamento de emerxencias quedan suxeitos ás obrigas establecidas no artigo 12 das bases reguladoras.
Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 12.e) da referida orde de convocatoria, o/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos, ao cal se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para a súa aceptación ou renuncia.
Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
Unha vez aceptada a subvención, asinarase a acta de cesión de equipamento. O prazo estimado para esta sinatura é de tres meses contados desde a data de recepción do dito material.
Non obstante, este prazo podería verse incrementado en función dos prazos de entrega do equipamento previstos nos correspondentes contratos, derivados do procedemento para a contratación da subministración de equipamento para as emerxencias destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan agrupación de voluntarios de protección civil, expedientes de contratación número AXGE.26.FEDER.05 e AXGE.26.FEDER.03 (número de referencia contable 2023 00001), procedemento ordinario, por importe de 185.989,00 euros (IVE incluído).
Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Disposición derradeira cuarta da Orde do 3 de agosto de 2026;
DOG núm. 152, do 13 de agosto)
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO I
Adxudicación de equipamento de emerxencias
Liña 1. Kits de material loxístico de seguridade viaria
|
Entidade local |
Puntos |
|
Rianxo |
56,95 |
|
Vilaboa |
55,54 |
|
Dumbría |
54,51 |
|
Barco de Valdeorras (O) |
54,34 |
|
Padrón |
53,77 |
|
Cee |
50,94 |
|
Cambados |
42,95 |
|
Toén |
41,31 |
|
Baños de Molgas |
40,03 |
|
Larouco |
38,50 |
|
Parada de Sil |
38,42 |
|
Oroso |
37,95 |
|
Vilamartín de Valdeorras |
37,49 |
|
Vila de Cruces |
36,79 |
|
Viveiro |
36,26 |
|
Mezquita (A) |
36,19 |
|
Rois |
35,96 |
|
Vilariño de Conso |
35,75 |
|
Vilardevós |
35,75 |
Liña 2. Kits de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias
|
Entidade local |
Puntos |
|
Mancomunidade Val Miñor |
65,63 |
|
Rúa (A) |
53,36 |
|
Coles |
43,65 |
|
Gudiña (A) |
42,52 |
|
Pereiro de Aguiar (O) |
40,59 |
|
Caldas de Reis |
40,35 |
|
Portas |
39,88 |
|
Culleredo |
36,93 |
|
Moaña |
34,89 |
|
Agrupación de concellos de Ribeira do Miño (Arbo, As Neves e Crecente) |
34,83 |
|
Mos |
34,71 |
|
Muros |
33,93 |
|
Fene |
33,60 |
|
Cartelle |
31,91 |
|
Laza |
31,02 |
|
Zas |
30,29 |
|
Quiroga |
29,54 |
|
Ribadeo |
29,47 |
|
Avión |
28,49 |
|
Ponteceso |
28,38 |
ANEXO II
Listaxe de reserva ordenada por puntuación
Liña 1. Kits de material loxístico de seguridade viaria
|
Entidade local |
Puntos |
|
Blancos (Os) |
35,42 |
|
Fisterra |
35,23 |
|
Maside |
33,29 |
|
Ares |
32,69 |
|
Laracha (A) |
31,21 |
|
Agolada |
30,81 |
|
Cedeira |
30,38 |
|
Val do Dubra |
28,41 |
|
San Cristovo de Cea |
27,98 |
|
Viana do Bolo |
27,74 |
|
Vimianzo |
26,92 |
|
Coristanco |
24,20 |
|
Ribadumia |
24,13 |
|
Meis |
24,04 |
|
Esgos |
23,26 |
|
Burela |
23,23 |
|
Palas de Rei |
23,12 |
|
Boborás |
22,57 |
|
Carral |
22,37 |
|
Laxe |
20,35 |
|
San Cibrao das Viñas |
20,86 |
|
Mugardos |
20,50 |
|
Lousame |
20,09 |
|
Muíños |
19,49 |
|
Ordes |
19,42 |
|
Cabanas |
19,37 |
|
Camariñas |
19,26 |
|
Incio (O) |
18,03 |
|
Boimorto |
15,91 |
|
Sandiás |
15,29 |
|
Dozón |
14,31 |
|
Rairiz de Veiga |
14,20 |
|
Triacastela |
8,20 |
Liña 2. Kits de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias
|
Entidade local |
Puntos |
|
Outes |
26,66 |
|
Malpica de Bergantiños |
26,42 |
|
Guitiriz |
26,20 |
|
Xunqueira de Espadanedo |
25,60 |
|
Abegondo |
24,60 |
|
Pontedeume |
23,99 |
|
Taboada |
23,91 |
|
Carnota |
23,73 |
|
Cerceda |
23,65 |
|
San Xoán de Río |
23,29 |
|
Nogueira de Ramuín |
23,20 |
|
Ourol |
23,05 |
|
Castrelo de Miño |
23,01 |
|
Amoeiro |
22,72 |
|
Boqueixón |
22,41 |
|
Curtis |
22,15 |
|
Sober |
21,84 |
|
Vedra |
21,79 |
|
Veiga (A) |
21,64 |
|
Ribas de Sil |
21,39 |
|
Portomarín |
21,23 |
|
Chandrexa de Queixa |
21,04 |
|
Porqueira |
20,97 |
|
Riós (O) |
20,97 |
|
Negueira de Muñiz |
20,71 |
|
Negreira |
20,29 |
|
Lobios |
20,22 |
|
Baltar |
19,97 |
|
Riotorto |
19,38 |
|
Trazo |
19,02 |
|
Pontenova (A) |
18,68 |
|
Pol |
18,68 |
|
Xermade |
18,68 |
|
Touro |
18,22 |
|
Folgoso do Caurel |
17,74 |
|
Irixo (O) |
17,70 |
|
Vilasantar |
17,13 |
|
Bola (A) |
16,46 |
|
Beariz |
16,30 |
|
Calvos de Randín |
15,48 |
|
Castro de Caldelas (O) |
15,04 |
|
Vilar de Santos |
13,95 |
|
Ribeira de Piquín (A) |
13,57 |
|
Trabada |
13,56 |
|
Paderne de Allariz |
13,22 |
|
Montederramo |
13,02 |
