DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 16 de novembro de 2026 Páx. 57130

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se publica a adxudicación dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2025/26, convocados pola Orde do 19 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 104, do 5 de xuño).

A Orde do 19 de maio de 2026 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2025/26 (código de procedemento ED311F) (DOG núm. 104, do 5 de xuño), establece no seu artigo 14.1 que o órgano instrutor, con base nas puntuacións definitivas, elevará un informe proposta de adxudicacións de premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2025/26, á persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional, que resolverá, por delegación do/da conselleiro/a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a adxudicación destes premios mediante a correspondente resolución.

Unha vez publicadas no portal educativo as puntuacións provisionais e definitivas obtidas polas persoas candidatas, e visto o informe proposta do órgano instrutor, a través da Dirección Xeral de Formación Profesional, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2025/26, ao alumnado que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Esta resolución de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
P.D. (Artigo 14 da Orde do 19.5.2026)
María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO

Premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2025/26

Ámbito de música:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Pereiro Cao, Estela

Conservatorio Profesional de Música da Coruña

Saxofón

***4186**

1.000 €

Tembras Sánchez, Romeu

Conservatorio Profesional de Música da Coruña

Piano

***5690**

1.000 €

Viceiro Diz, Hugo

Conservatorio Profesional de Música de Vigo

Percusión

***4440**

1.000 €

Ámbito de danza:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Figueiro Portabales, Miguel

Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Danza clásica

***0781**

1.000 €

Ámbito de artes plásticas e deseño:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Domínguez Piefkowski, Andrea

Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño Aula D

Gráfica publicitaria

***9392**

1.000 €

Lusquiños García, Sandra

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

Ilustración

***2352**

1.000 €