De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU); nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro); na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 7 de novembro de 2024, e na Normativa que regula as bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 24 de xullo de 2026, este reitorado fai público que mediante a Resolución do 5 de novembro de 2026 se convoca un concurso público para a elaboración de bolsas de emprego para profesorado substituto nas áreas de coñecemento de Enfermaría, Enfermaría (Podoloxía) e Enfermaría (Terapia Ocupacional).
A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web:
http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/
O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 5 de novembro de 2026
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 28.8.2026)
Luis María Hervella Nieto
Vicerreitor de Profesorado
