DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 17 de novembro de 2026 Páx. 57373

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 9 de novembro de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a de servizo (Prestacións e Concertos).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 145, do 29 de xullo), así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 106, do 5 de xuño); e en virtude das competencias atribuídas no Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 101, do 27 de maio), no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e mais na Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril),

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria, para a súa provisión polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a de servizo (Prestacións e Concertos) da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios de Recursos Humanos do Hospital Arquitecto Marcide, así como na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberanse presentar no rexistro da Área Sanitaria de Ferrol, dirixidas á xerente da área sanitaria, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da data de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderanse presentar a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 9 de novembro de 2026

Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol