Mediante a Resolución do 30 de setembro de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 194, do 13 de outubro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2, 8 e sección terceira do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle á persoa funcionaria de carreira, indicada no anexo, o posto que tamén se especifica, vista a proposta informe da persoa titular do centro directivo a que está adscrito o posto convocado sobre a apreciación da súa idoneidade para o desempeño do posto con respecto ás demais persoas solicitantes, e considerando que cumpre cos requisitos e especificacións que para o posto se exixen na relación de postos de traballo e, polo tanto, na convocatoria.
Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do citado Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo de tres (3) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes e computarase desde a data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro. A Xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales lle darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO
Apelidos e nome: Novoa Gil, Francisco Javier.
Nº rexistro persoal: ****847035 A2051.
Corpo ou escala: de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Subgrupo: A2.
Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Análise de Datos de Persoal Docente.
Código: ED.901.00.002.15770.071.
Nivel: 28.
Centro directivo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Localidade: Santiago de Compostela.
