DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 17 de novembro de 2026 Páx. 57320

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 138/2026, do 2 de novembro, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Oza Cesuras, dunhas superficies de dominio público viario (DPV) da estrada AC-840.

O artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), dispón que os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante un decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O artigo 9.7 da LEG recolle que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O artigo 18.11 do Regulamento xeral de estradas de Galicia (RXEG) dispón que os cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forman parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles, que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente.

O artigo 97 do RXEG delimita a zona de dominio público adxacente como a parte da zona de dominio público formada polos terreos adxacentes ás estradas e aos seus elementos funcionais adquiridos por título lexítimo pola Administración titular, pero non ocupados directamente pola explanación das estradas ou polas dos seus elementos funcionais.

O Concello de Oza Cesuras e a Axencia Galega de Infraestruturas manifestaron a súa conformidade á transferencia da titularidade de determinadas superficies do dominio público viario da AC-840.

A estrada AC-840 ten categoría funcional de rede estruturante e discorre polo termo municipal de Oza Cesuras entre os seus puntos quilométricos 1+490 e 19+950.

O cambio de titularidade comprende:

• En solo urbano: as superficies de dominio público viario distintas da calzada, é dicir, aparcadoiros, beirarrúas e demais elementos de dominio público.

• Fóra do solo urbano: onde existan beirarrúas ou sendas, transfírese todo o que non sexa calzada; onde non existan beirarrúas ou sendas, non se transfire ningunha superficie.

A transferencia non interrompe ningún dos itinerarios dos que forma parte esta estrada nin afecta a súa funcionalidade, xa que non se inclúen nin a calzada nin as súas beiravías, garantindo así a súa continuidade.

De acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, a Axencia Galega de Infraestruturas formula a proposta favorable á transferencia de titularidade, a prol do Concello de Oza Cesuras, das superficies de dominio público viario da estrada AC-840 que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de novembro de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade, a prol do Concello de Oza Cesuras, das seguintes superficies de dominio público viario (DPV) da estrada AC-840 da Rede autonómica de estradas de Galicia:

Núm.

Treito

p.q. inicio

Coordenadas UTM

(ETRS89 fuso 29N)

p.q. final

Coordenadas UTM

(ETRS89 fuso 29N)

Lonx. (m)

1.1

Beirarrúas

p.q. 3+000 MD a

3+570 MD

p.q. 3+000 MD

AC-840

X = 564.459

y = 4.789.763

p.q. 3+570 MD

AC-840

X = 564.583

y = 4.789.245

572

2.1

Beirarrúas

p.q. 3+000 ME a

3+570 ME

p.q. 3+000 ME

AC-840

X = 564.467

y = 4.789.762

p.q. 3+570 ME

AC-840

X = 564.592

y =4.789.248

567

1.2

Beirarrúas

p.q. 4+000 MD a

5+920 MD

p.q. 4+000 MD

AC-840

x = 564.839

y = 4.788.905

p.q. 5+920 MD

AC-840

x = 565.356

y = 4.787.139

1.907

2.2

Beirarrúas

p.q. 4+000 ME a

4+820 ME

p.q. 4+000 ME

AC-840

x = 564.847

y = 4.788.909

p.q. 4+820 ME

AC-840

x = 565.243

y = 4.788.189

836

2.3

Beirarrúas

p.q. 5+230 ME a 5+445 ME

p.q. 5+230 ME

AC-840

x = 565.307

y = 4.787.817

p.q. 5+445 ME

AC-840

x = 565.284

y = 4.787.607

212

2.4

Beirarrúas

p.q. 5+680 ME a 5+840 ME

p.q. 5+680 ME

AC-840

x = 565.289

y = 4.787.375

p.q. 5+840 ME

AC-840

x = 565.338

y = 4.787.228

155

2.5

Beirarrúas

p.q. 7+030 ME a 9+020 ME

p.q. 7+030 ME

AC-840

x = 565.709

y = 4.786.115

p.q. 9+020 ME

AC-840

x = 566.441

y = 4.784.446

1.957

1.3

Beirarrúas

p.q. 7+200 MD a 8+970 MD

p.q. 7+200 MD

AC-840

x = 565.715

y = 4.785.955

p.q. 8+970 MD

AC-840

x = 566.418

y = 4.784.482

1.757

1.4

Beirarrúas

p.q. 9+370 MD a 9+790 MD

p.q. 9+370 MD

AC-840

x = 566.541

y = 4.784.112

p.q. 9+790 MD

AC-840

x = 566.806

y = 4.783.799

410

2.6

Beirarrúas

p.q. 10+230 ME a 10+410 ME

p.q. 10+230

ME AC-840

x = 566.965

y = 4.783.410

p.q. 10+410

ME AC-840

x = 567.054

y = 4.783.276

169

1.5

Beirarrúas

p.q. 10+250 MD a 10+340 MD

p.q. 10+250

MD AC-840

x = 566.961

y = 4.783.385

p.q. 10+340

MD AC-840

x = 566.998

y = 4.783.310

85

2.7

Beirarrúas

p.q. 11+330 ME a 11+710 ME

p.q. 11+330

ME AC-840

x = 567.154

y = 4.782.414

p.q. 11+710

ME AC-840

x = 567.025

y = 4.782.060

378

1.6

Beirarrúas

p.q. 11+340 MD a 11+880 MD

p.q. 11+340

MD AC-840

x = 567.138

y = 4.782.405

p.q. 11+880

MD AC-840

x = 566.993

y = 4.781.900

533

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da LEG, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Oza Cesuras, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das superficies de dominio público viario transferido, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle poida corresponder como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de novembro de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas