DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 17 de novembro de 2026 Páx. 57326

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2026 (código de procedemento CT200A).

O 17 de xullo de 2026, publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 133, a Orde do 8 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2026 (código de procedemento CT200A).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, nos artigos 4 a 8 da orde determínanse os requisitos e a documentación necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da devandita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non a presentar, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 12 da devandita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 16 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co previsto no artigo 45 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 6 de novembro de 2026 no que se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Convocatoria: Orde do 8 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2026 (código de procedemento CT200A).

Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes na Orde do 8 de xullo de 2026.

Data do acto: 6 de novembro de 2026.

Órgano competente: Instituto da Xuventude de Galicia.

Efectos: as entidades solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Relación de expedientes:

Núm. de

expediente

Solicitante

NIF da

entidade

Documentación requirida

2026/102

Asociación Xuvenil Cultural Staccato

G36592582

– Anexo III do programa Xuventude en Rede

– Anexo IV e orzamento da casa subministradora (artigo 8.1.h).1º.3.2) do Proxecto de adquisición de vehículo

– Anexo V cubrir correctamente o campo relativo á «auditoría externa»

– Estatutos legalizados (artigo 8.1.d)

– Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante (artigo 8.1.e)

2026/066

Asociación Cultural Airiños do Miño de Meira

G01863182

– Anexo III para cada un dos programas solicitados (artigo 8.1.a)

– Anexo IV para o proxecto de investimento (artigo 8.1.b)

2026/086

Traviesas Hockey Club

G36680239

– Anexo III para cada un dos programas solicitados (artigo 8.1.a)

2026/0103

Asociación Antonio Noche

G15210388

– Anexo II debidamente cuberto en todos os seus puntos (artigo 7.4.b)

– Anexo III para cada un dos programas solicitados (artigo 8.1.a)

– Anexo IV para o proxecto de investimento (artigo 8.1.b)

– Anexo V (artigo 8.1.c)