A Xunta de Goberno Local deste concello acordou aprobar, na sesión do 13 de outubro de 2026, a convocatoria e as bases reguladoras para a cobertura das prazas vacantes que se sinalan a continuación, incluídas nas ofertas de emprego público do ano 2024 (BOP núm. 182, do 18 de setembro, e DOG núm. 199, do 15 de outubro), 2025 (BOP núm. 235, do 9 de decembro, e DOG número 239, do 11 de decembro), e 2026 (BOP núm. 97, do 25 de maio, e DOG núm. 118, do 26 de xuño):
Operario de obras e servizos:
– Sistema selectivo: oposición, por quenda libre.
– Número de prazas: 5.
– Escala: Administración especial, persoal de oficios.
– Nivel 14, equiparable ao grupo E.
– Denominación: Operario de obras e servizos.
– Título: non se require que se posúa ningunha titulación académica.
Establécese un prazo de 20 días naturais para a presentación de instancias, prazo que comezará a contarse desde a inserción do anuncio no Boletín Oficial del Estado. As bases atópanse publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 204, do 22 de outubro de 2026.
A Illa de Arousa, 27 de outubro de 2026
Luis Arosa García
Alcalde presidente
