DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se notifica a resolución do procedemento en relación co expediente sancionador MON-CO-0063/2026-FOR.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, sitas na rúa San Lázaro, 61, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2026

María Luisa Piñeiro Arcos
Directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: MON-CO-0063/2026-FOR.

NIF da persoa interesada: 46913040D.

Acto notificado: resolución do procedemento.