De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, sitas na rúa San Lázaro, 61, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2026
María Luisa Piñeiro Arcos
Directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: MON-LU-0069/2026-V.
NIF da persoa interesada: 33816691K.
Acto notificado: resolución do procedemento.
