De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución da concesión da suspensión condicional do expediente PSC-PO-0378/2026-PRE.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A persoa interesada dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación, para presentar recurso de alzada ante a conselleira do Mar.
O expediente relacionado no anexo está á disposición da persoa interesada nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4ª andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Vigo, 2 de novembro de 2026
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
ANEXO
|
Nº de expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
|
PSC-PO-0378/2026-PRE |
53613652P |
Resolución de concesión de suspensión condicional |
