Mediante a Resolución do 26 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG núm. 206, do 28 de outubro), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de condución, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026 (DOG núm. 89, do 15 de maio).
Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre estas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de condución.
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas na aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).
A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo (https://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_opo/opo_principal.jsp), indicando o NIF e marcando a opción «ver os meus datos».
A Administración devolveralles o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas no Diario Oficial de Galicia.
Para iso, será necesario presentar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal en que se solicite a devolución. Este escrito debe incluír un número de conta bancaria, que deberá estar rexistrado na aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) na epígrafe Expediente > Datos persoais. A presentación do devandito escrito fóra de prazo ou a non inclusión dos datos bancarios na aplicación Fides supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.
Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.
Segundo. De acordo coa base II.1.1.3 da convocatoria, na listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, tamén se indican as persoas aspirantes que non acreditaron na aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) estaren en posesión, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado, polo que terán que realizar a proba de acreditación do coñecemento do idioma galego.
Contra esta resolución poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
