DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57514

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de mantemento, convocado mediante a Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 89, do 15 de maio) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e do segundo exercicios do proceso selectivo e da proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.

Na sesión que tivo lugar o día 17 de novembro de 2026 o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de outubro de 2026 (DOG núm. 197, do 16 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de mantemento, convocado mediante a Resolución do 8 de maio de 2026 (DOG núm. 89, do 15 de maio) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro e o segundo exercicios da oposición terán lugar o día 22 de novembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas 18 e 19 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Para poder realizar estes exercicios as persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do número dous e goma.

Consonte a base II.1.1.3 da convocatoria, acordouse tamén que a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega teña lugar o 24 de novembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 17.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

Para poder realizar este exercicio as persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, así como de bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso con bolsos de man, gorros, panos, paraugas, mochilas, carpetas, libros, apuntamentos, reloxos, auriculares, dispositivos intrauditivos, teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro material ou instrumento electrónico ou non, de transmisión ou recepción de datos, imaxes ou son de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de estes obxectos.

Para os efectos de poder comprobar a ausencia de calquera dispositivo non autorizado, o persoal aspirante accederá á realización das probas coa cabeza e as orellas despexadas e visibles.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2026

David Sedes Doce
Presidente do tribunal