No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 206, do 26 de outubro de 2026, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir, como persoal funcionario de carreira, dúas prazas de persoal auxiliar administrativo da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2, mediante o sistema de oposición, pola quenda libre, así como para crear unha listaxe de reserva. As bases foron aprobadas polo Acordo da Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía, do 13 de outubro de 2026.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica deste concello (https://soutomaior.sedelectronica.es).
Soutomaior, 26 de outubro de 2026
Manuel A. Lourenzo Sobral
Alcalde
