DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 18 de novembro de 2026 Páx. 57635

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da convocatoria pública para a provisión temporal, extraordinaria e urxente en comisión de servizos dun posto de técnico/a da Administración xeral (A1) a través dun procedemento aberto a todas as administracións públicas (expediente 49792/220).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 217, do 10 de novembro de 2026, publicouse a convocatoria pública para a provisión temporal, en réxime de comisión de servizos, a través dun procedemento aberto a todas as administracións públicas, dun posto de técnico/a da Administración xeral (A1) (expediente 49792/220).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Vigo, 12 de novembro de 2026

O alcalde
P.D. (Resolucións da Alcaldía do 28.6.2024 e do 2.11.2026)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal