Unha vez examinada a solicitude de deslindamento formulada polos representantes do Monntes Veciñais en Man Común (en diante, MVMC) Serra do Faro (comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) das parroquias de Quins e Melón) cos MVMC Serra do Faro (CMVMC de Cima de Vila, A Cortella, O Coruxal, Costa de Cuco, O Retiro, Seoane, Valmourisco), De Covelo (CMVMC Covelo), De Vivenzo (CMVMC Vivenzo) e Monte Ceo e Cotos (CMVMC As Mestas), no concello de Melón; e o MVMC Auga Atallada (CMVMC As Laceiras), no concello de Carballeda de Avia, resultan os seguintes
Feitos:
Primeiro. O 15 de xullo de 2025, a CMVMC das parroquias de Quins e Melón presentou un escrito no rexistro electrónico da Xunta de Galicia dirixido ao Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense (Rexel 2025/2015311) no que solicita a aprobación dun deslindamento coas CMVMC Cima de Vila, A Cortella, O Coruxal, Costa de Cuco, O Retiro, Seoane, Valmourisco; As Laceiras; Covelo; Vivenzo e As Mestas.
Coa solicitude achegou a seguinte documentación:
• Actas de deslindamento.
• Certificacións dos acordos das respectivas asembleas xerais.
• Certificados do Xulgado de Paz de Melón do acordo acadado entre as CMVMC.
• Informe-memoria dos deslindamentos.
• Cartografía en formato shape.
Segundo. O informe do Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense do 4 de marzo de 2026 fai constar que resultan perfectamente definidas as liñas estremeiras descritas nas actas dos levantamentos topográficos dos deslindamentos conciliados no Xulgado de Paz de Melón, tanto polas coordenadas UTM coma pola descrición topográfica.
Así mesmo, a planimetría reflicte a representación gráfica dos deslindamentos solicitados.
O citado informe considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que lle propón ao xurado provincial a súa aprobación.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. Esta resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se ha seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 4 de marzo de 2026, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou por unanimidade o día 6 de outubro de 2026:
Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras do MVMC Serra do Faro (CMVMC das parroquias de Quins e Melón) cos MVMC Serra do Faro (CMVMC de Cima de Vila, A Cortella, O Coruxal, Costa de Cuco, O Retiro, Seoane, Valmourisco), De Covelo (CMVMC Covelo), De Vivenzo (CMVMC Vivenzo) e Monte Ceo e Cotos (CMVMC As Mestas), no concello de Melón; e o MVMC Auga Atallada (CMVMC As Laceiras), no concello de Carballeda de Avia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 4 de novembro de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
