De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáselle publicidade á parte substantiva dos acordos do Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas identificadas no anexo desta resolución.
Segundo. Poñer á disposición das persoas interesadas os expedientes para que, conforme o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que consideren pertinentes ante a Sección de Bolsas do Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo (982 29 49 57/982 29 41 88/89).
Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación e Formación Profesional, de ser o caso, ditará a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.
Con todo, no caso de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e así darase por concluído o expediente.
Lugo, 5 de novembro de 2026
Sagrario Sánchez Ramil
Directora territorial de Lugo
ANEXO I
Convocatoria xeral para estudos postobrigatorios
Interesado:
NIE: Z2874092V.
Importe: 360 €.
Curso: 2025/26.
Causa: 1.10. Non ter superado o 50 % das materias ou créditos matriculados.
