Intentada a notificación do acto sinalado no asunto ao non resultar posible a súa práctica efectiva, e/ou descoñecéndose o lugar da notificación e/ou a identidade das persoas titulares dos inmobles relacionados a seguir, de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase o seguinte:
De conformidade co disposto no artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas, nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Ref. catastral |
Parroquia |
Lugar |
Persoa responsable |
|
36900A210000280000LR |
Lérez |
O Castelo |
Hros. de José Adolfo Outón Prado |
|
36900A068000840000QW |
Tomeza |
O Pombal |
José Bahamonde Carballo |
|
36900A178009000000PJ |
Campañó |
Soutonovo |
Hros. de Ramón Eirín Ruibal |
|
36900A203000150000LG |
Alba |
Touceda |
Bernardo Cons Tobío |
|
36900A203000130000LB |
Alba |
Touceda |
Secundino Villaverde Míguez |
|
36900A174002060000PY |
Campañó |
Barragáns |
Ubaldino Pérez Pérez |
|
36900A181002730000PB e 36900A181002750000PG |
Campañó |
Barragáns |
Juan Casalderrey Cancela |
|
36900A181002720000PA |
Campañó |
Barragáns |
Juana Casalderrey Esperón |
|
36900A090002720000QO |
Mourente |
Cons |
Luisa Otero Vidal |
|
36900A174002080000PQ |
Campañó |
Barragáns |
Antonio Maquieira Martínez |
|
36900A174002100000PG |
Campañó |
Barragáns |
Carmen Casalderrey Moldes |
|
36900A210001040000LU |
Lérez |
O Castelo |
Carmen Canosa Casalderrey |
|
36900A210001050000LH |
Lérez |
O Castelo |
Hros. de José Adolfo Outón Prado |
|
36900A175000670000PO |
Campañó |
Casal do Mendo |
José Casas García |
|
36900A175000660000PM |
Campañó |
Casal do Mendo |
Ramiro Hermida Guimil |
|
36900A175000620000PP |
Campañó |
Casal do Mendo |
José Porto Piñeiro |
|
36900A175000470000PZ |
Campañó |
Casal do Mendo |
Teresa Cobas Corredoira |
|
36900A175000460000PS |
Campañó |
Casal do Mendo |
Antonio Nacimiento S-S |
|
36900A175000450000PE |
Campañó |
Casal do Mendo |
Dionisio Quintillán Cardesín |
|
36900A17500044000PJ |
Campañó |
Casal do Mendo |
Peregrina Casas Rial |
|
36900A175000430000PI |
Campañó |
Casal do Mendo |
Ignacio Cancela Núñez |
|
36900A175000400000PR |
Campañó |
Casal do Mendo |
Josefa Porto Piñeiro |
|
36900A175000390000PX |
Campañó |
Casal do Mendo |
Ubaldino Pérez Pérez |
|
36900A068000030000QK |
Tomeza |
O Pombal |
Agustín Orozo Filgueira |
|
36900A082000950000QP |
Tomeza |
Lusquiños |
Raimundo Rodríguez González |
En virtude do anterior, comunícaselles ás persoas que resulten responsables, conforme o artigo 21.ter da citada Lei 3/2007, o seu deber de xestión da biomasa e, de ser o caso, de retirada de especies arbóreas prohibidas, e concédese un prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de conformidade coa lexislación vixente, a persoa responsable que reciba a comunicación e apercibimento terá a obriga de poñer en coñecemento do órgano requirente o inicio e a realización dos traballos de xestión. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.
Advírtese que, en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá á imposición de multas coercitivas reiterables cada tres meses por importe de 900 € por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, cun mínimo de 100 €, ou ben procederá á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Nos supostos de execución subsidiaria as persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos da xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se efectuará a súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesario para xestionar a biomasa nas franxas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
ha afectadas |
Liquidación provisional |
|
2025/MALEZAS/000132 |
36900A210000280000LR |
500 m² |
376,41 € |
|
2025/MALEZAS/000171 |
36900A068000840000QW |
302 m² |
437,75 € |
|
2025/MALEZAS/000230 |
36900A178009000000PJ |
700 m² |
666,98 € |
|
2026/MALEZAS/000047 |
36900A203000150000LG |
276 m² |
274,98 € |
|
2026/MALEZAS/000048 |
36900A203000130000LB |
598 m² |
420,79 € |
|
2026/MALEZAS/000062 |
36900A174002060000PY |
67 m² |
247,34 € |
|
2026/MALEZAS/000115 |
36900A181002730000PB e 36900A181002750000PG |
208 m² 190 m² |
158,17 € 181,04 € |
|
2026/MALEZAS/000118 |
36900A181002720000PA |
171 m² |
308,17 € |
|
2026/MALEZAS/000225 |
36900A090002720000QO |
665,96 m² |
634,55 € |
|
2026/MALEZAS/000228 |
36900A174002080000PQ |
131 m² |
274,82 € |
|
2026/MALEZAS/000230 |
36900A174002100000PG |
248 m² |
386,30 € |
|
2026/MALEZAS/000256 |
36900A210001040000LU |
1.023 m² |
715,48 € |
|
2026/MALEZAS/000257 |
36900A210001050000LH |
1.888 m² |
1.320,46 € |
|
2026/MALEZAS/000264 |
36900A175000670000PO |
160,27 m² |
302,71 € |
|
2026/MALEZAS/000265 |
36900A175000660000PM |
269,92 m² |
407,19 € |
|
2026/MALEZAS/000268 |
36900A175000620000PP |
147 m² |
290,06 € |
|
2026/MALEZAS/000270 |
36900A175000470000PZ |
112,34 m² |
309,16 € |
|
2026/MALEZAS/000271 |
36900A175000460000PS |
167,04 m² |
309,16 € |
|
2026/MALEZAS/000272 |
36900A175000450000PE |
185,22 m² |
326,48 € |
|
2026/MALEZAS/000273 |
36900A175000440000PJ |
150,84 m² |
293,72 € |
|
2026/MALEZAS/000274 |
36900A175000430000PI |
164,31 m² |
306,56 € |
|
2026/MALEZAS/000275 |
36900A175000400000PR |
260 m² |
397,74 € |
|
2026/MALEZAS/000276 |
36900A175000390000PX |
136 m² |
279,58 € |
|
2026/MALEZAS/000292 |
36900A068000030000QK |
397 m² |
528,27 € |
|
2026/MALEZAS/000302 |
36900A082000950000QP |
30 m² |
155,98 € |
En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal, a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Efectuarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Servizo de Disciplina Urbanística e Medio Ambiental do Concello de Pontevedra.
Pontevedra, 29 de outubro de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 7.4.2026)
Alberto Oubiña Piay
Concelleiro delegado da Área de Planificación do Territorio
