DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 20 de novembro de 2026 Páx. 57984

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo posesorio dos postos adxudicados en virtude da Resolución do 8 de setembro de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, e do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico, convocado pola Resolución do 26 de maio de 2026.

Mediante a Resolución do 8 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG núm. 173, do 11 de setembro), resolveuse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, e do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.

De acordo co punto segundo desa resolución, diferíronse os prazos posesorios ata a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se indique a data de inicio dos devanditos prazos.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas segundo o artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e de conformidade co previsto na base XI da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Abrir o prazo de toma de posesión que se establece no apartado segundo da Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 8 de setembro de 2026.

Segundo. De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 26 de novembro de 2026.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e empezará a computarse o día 27 de novembro de 2026.

Terceiro. Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, un recurso de reposición perante esta mesma dirección xeral no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde esa mesma data perante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal