Eu, Juan Ramón Alonso Martínez, en calidade de presidente da Comunidade de Augas de Tuimil-O Viso, por este anuncio convoco a todos/as os/as comuneiros/as á asemblea xeral ordinaria que terá lugar o día 17 de xaneiro de 2027, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria, no local da Sociedade de Agricultores de Tuimil, coa seguinte
Orde do día
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Informe da Xunta Directiva.
3. Presentación do informe económico.
4. Cálculo da aplicación da suba do IPC nas cotas e achegas iniciais de 2027.
5. Renovación da Xunta Directiva.
6. Sancións 2026.
7. Altas/baixas e cambios de titularidade.
8. Rogos e preguntas.
Tuimil, 28 de outubro de 2026
Juan Ramón Alonso Martínez
Presidente da Comunidade de Augas de Tuimil-O Viso
