DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 20 de novembro de 2026 Páx. 57969

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2026 relativa á composición da Xunta Electoral de Galicia.

Antecedentes relativos á composición da Xunta Electoral de Galicia:

• Decreto 160/2024, do 24 de xuño, polo que se nomean os membros da Xunta Electoral de Galicia (DOG núm. 122, do 25 de xuño).

• Resolución do 10 de xullo de 2024, relativa á composición da Xunta Electoral de Galicia (DOG núm. 136, do 15 de xuño).

• Resolución do 1 de outubro de 2025, relativa á composición actualizada da Xunta Electoral de Galicia (DOG núm. 190, do 2 de outubro).

• Decreto 137/2026, do 11 de novembro, polo que se nomea un membro da Xunta Electoral de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro).

Ao abeiro do artigo 18.6 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, a Xunta Electoral de Galicia resolveu declarar para o seu coñecemento público, en virtude do seu contido de carácter xeral, a súa composición actualizada:

Presidente: Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.a) da Lei 8/1985, do 13 de agosto).

Vicepresidente: Fernando Seoane Pesqueira, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.b).

Vogais: maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.c):

José Antonio Varela Agrelo.

Luis Fernando de Castro Mejuto.

Antonio Martínez Quintanar.

Vogais: profesores en activo das facultades de Dereito de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo (artigo 14.1.d):

Xosé Manuel Carril Vázquez.

José Julio Fernández Rodríguez.

Mónica Siota Álvarez.

Inmaculada Valeije Álvarez.

Secretario: Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado oficial maior do Parlamento de Galicia (artigo 15.2).

O que se publica para o seu xeral coñecemento.

A Coruña, 18 de novembro de 2026

Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras
Presidente da Xunta Electoral de Galicia