DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 23 de novembro de 2026 Páx. 58070

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 12 de novembro de 2026 pola que se declara deserta a convocatoria pública anunciada pola Orde do 16 de setembro de 2026 para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (código do posto FC.C07.00.000.15770.001).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública, mediante a Orde do 16 de setembro de 2026 (DOG núm. 180, do 22 de setembro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde e no artigo 27.1.b) do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto (DOG núm. 173, do 12 de setembro), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserta a convocatoria pública anunciada pola Orde do 16 de setembro de 2026 para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo desta orde, por non presentarse ningunha solicitude.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021; DOG núm. 246, do 24 de decembro)
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro da
Consellería de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Denominación: secretario/a do/da interventor/a xeral da Comunidade Autónoma.

Código do posto: FC.C07.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Complemento específico: 8.064,84 euros.

Subgrupo: C1/C2.

Corpo ou escala: xeral.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.