DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 23 de novembro de 2026 Páx. 58106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de novembro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial do Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 6 de novembro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/187-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805.

Concello: Forcarei.

Predio

Referencia catastral

Persoa titular

1

36018A071001710000XI

Descoñecida

2

6018A071002750000XW

Descoñecida

4

36018A071004790000XM

Descoñecida