Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 29 de outubro de 2026, aprobouse inicialmente o proxecto de expropiación urbanística polo procedemento de taxación conxunta para a adquisición de terreos destinados ao sistema viario en Portomedal, Coucieiro (Val do Dubra), asinado por Isidro López Yáñez, arquitecto colexiado número 2261, de conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia. Así mesmo, segundo a dita resolución acordouse someter a información pública por un período dun mes o dito proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada co traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do xusto prezo por idéntico prazo dun mes. A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:
1. Predio nº: 1.
Referencia catastral: 15089B513101180000DW.
Titulares:
– Limia Novoa, César (usufrutuario) 10 % cota sobre o xusto prezo.
– Limia Blanco, Ana Cristina (nu propietario)-30 % cota sobre o xusto prezo.
– Limia Blanco, Guillermo Gustavo (nu propietario)-30 % cota sobre o xusto prezo.
– Limia Blanco, César (nu propietario)-30 % cota sobre o xusto prezo. Superficie total do predio (catastral): 76 m2.
Superficie afectada: 76 m2.
Clasificación urbanística: solo non urbanizable de núcleo rural de poboación (ordenanza NR).
Situación básica do solo: urbanizado.
Outros bens afectados: 6 m3 balado de pedra 4 ud. tuia adulta.
2. Predio nº: 2.
Referencia catastral: non consta.
Titulares:
– Limia Novoa, César (usufrutuario) 10 % cota sobre o xusto prezo.
– Limia Blanco, Ana Cristina (nu propietario)-30 % cota sobre o xusto prezo.
– Limia Blanco, Guillermo Gustavo (nu propietario)-30 % cota sobre o xusto prezo.
– Limia Blanco, César (nu propietario)-30 % cota sobre o xusto prezo. Superficie total do predio (catastral): 45 m2. Superficie afectada: 45 m2.
Clasificación urbanística: solo non urbanizable de núcleo rural de poboación (ordenanza NR).
Situación básica do solo: urbanizado.
Outros bens afectados: 1 m3 formigón en columna, 1 ud. traslado depósito auga (1.000 l), 18 m2 muro de bloque e pp cimentación, 30 m maia de arame, 12 ud. poste de formigón, 2 m3 muro de formigón.
Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido na sede electrónica do Concello de Val do Dubra e, presencialmente, nas dependencias municipais, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes, en particular no referente á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a publicación deste anuncio servirá de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.
Val do Dubra, 2 de novembro de 2026
Diego Luís Díaz Méndez
Alcalde
