Logo de advertir erros no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 209, do 2 de novembro de 2026, procede efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 55023, onde di:
«...polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Pontevedra (expediente DH.W36.118733)».
Debe dicir:
«...polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras de construción de estación de servizo no concello de Pontevedra (expediente DH.W36.118733)».
Na páxina 55024, onde di:
«Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 109 do Real decreto 849/1986...».
Debe dicir:
«O presente anuncio ten por obxecto abrir a información pública prevista no artigo 78.ter do Real decreto 849/1986...».
Ábrese un novo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio, co fin de que as persoas que se sintan prexudicadas poidan presentar as súas reclamacións durante o prazo sinalado, no Concello de Pontevedra ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, 3, 4º andar, local 403, Vigo (Pontevedra). Nestas dependencias estará exposto o citado expediente para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa solicitada a través do enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal . O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo (https://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada Participación pública, apartado Documentos en información pública na actualidade.
Vigo, 17 de novembro de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
