De conformidade co disposto no artigo 159.1, parágrafo terceiro, da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, infórmase de que mediante Resolución do 4 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, se acordou a revogación da Resolución do 2 de marzo de 2026 pola que se declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de José Antonio Barbeito Rodríguez (DOG núm. 51, do 17 de marzo, e Supl. not. BOE núm. 81, do 2 de abril), pola posterior aparición de persoa con mellor dereito a suceder.
Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia, na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública e nos taboleiros de anuncios dos concellos da Coruña e Culleredo, por un prazo non inferior a trinta días naturais.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2026
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
