Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítanse as persoas titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma.
O acto obxecto de notificación é a constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de mora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA CNO804 no tramo entre os apoios número 66-17-2-21-19-4 e 66-17-2-21-19-5, situada no concello de Piñor.
As persoas titulares ou as que exerzan a súa representación deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que as acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único.
Ourense, 6 de novembro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
ANEXO
Relación de persoas afectadas descoñecidas, con enderezo ignorado ou non notificadas
Número de expediente: IN407A 2024/124-3.
Instalación: Regulamentación da LMTA CNO804 no tramo entre os apoios número 66-17-2-21-19-4 e 66-17-2-21-19-5.
Concello: Piñor.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio número |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito |
|
1 |
Prado Barbeiro |
32062A082006510000OX |
Herdeiros de Alicia García Gómez |
30 de outubro de 2026 |
