Eu, José Manuel Alonso Parada, con DNI ***0819**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Lapela-Chandebrito, por este anuncio convoco para o vindeiro día 13 de decembro de 2026, na antiga escola parroquial de Chandebrito, Nigrán, ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura da acta anterior.
2. Informe da xestión da comunidade.
3. Junta Directiva, Jurado e suplentes.
4. Contas do exercicio 2025.
5. Futuras obras a curto e longo prazo.
6. Orzamento para o exercicio 2026.
7. Facultar a Xunta Directiva para a solicitude de subvencións e axudas en nome da comunidade.
8. Adhesión a Coxapo.
9. Rogos e preguntas.
Nigrán, 30 de outubro de 2026
José Manuel Alonso Parada
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas
de Lapela-Chandebrito
