DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 24 de novembro de 2026 Páx. 58342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO do estudo de detalle número 1 do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico do concello de Baiona (PEPCHAB).

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Baiona, adoptado en sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de outubro de 2026, apróbase inicialmente o estudo de detalle núm. 1 do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico do concello de Baiona, nos termos literais seguintes (expediente 2217/2017):

«Primeiro. Prestar aprobación inicial ao estudo de detalle núm. 1 do Plan especial de protección do conxunto histórico artístico do concello de Baiona (PEPCHAB), asinado o 1 de setembro de 2026 pola arquitecta colexiada núm. 4587 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Iria Urdampilleta Pérez, e presentado no Rexistro Electrónico do Concello de Baiona o 1 de setembro de 2026 (2026-E-RE-5184).

Segundo. Someter o documento a información pública durante o prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra.

Terceiro. Consonte o disposto no artigo 7.e) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, ordenar a publicación deste acordo e o instrumento aprobado inicialmente na sede electrónica do Concello de Baiona, no seguinte enderezo: https://baiona.sedelectronica.gal/transparency/6c91dc54-6835-456f-9208-2115ad2a45d1/

Cuarto. Notificarlles este acordo aos propietarios e titulares catastrais das parcelas incluídas na delimitación do ámbito do estudo de detalle.

Quinto. Solicitar os informes sectoriais preceptivos de conformidade co disposto nos informes dos servizos técnico e xurídico municipais obrantes no expediente administrativo».

Así pois, levando a efecto o disposto no devandito acordo municipal, e consonte o artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), sométese a información pública por prazo dun mes o documento de estudo de detalle aprobado inicialmente, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e nun dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra, para que quen poida resultar interesado/a, formule as observacións e reclamacións que considere convenientes.

O estudo de detalle inicialmente aprobado estará ao dispor das persoas interesadas na sede electrónica do Concello de Baiona, no seguinte enderezo: https://baiona.sedelectronica.gal/transparency/6c91dc54-6835-456f-9208-2115ad2a45d1/, e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo, sitas na rúa Ventura Misa, 19 de Baiona, logo de solicitar cita previa.

Advírtese que o acordo municipal indicado non é susceptible de recurso por tratarse dun acto de trámite.

Baiona, 2 de novembro de 2026

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde