De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a entidade interesada que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo secretario xeral técnico e do Tesouro.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro destes actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta secretaría xeral (Consellería de Facenda e Administración Pública), sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio queda supeditada a súa publicación no taboleiro de editos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, polo que os prazos computaranse desde esta publicación.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro
da Consellería de Facenda e Administración Pública
ANEXO
Expediente aval AV/0865: Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro do 20 de outubro de 2026.
Interesado: Think First, S.L.
Acto notificado: Resolución pola que se declara a existencia dun crédito a favor da Tesouraría da Comunidade Autónoma contra a entidade mercantil Think First, S.L., e o inicio do procedemento para a súa reclamación, ao abeiro do disposto no artigo 10 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, que regula a concesión de avais do Igape.
