DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58402

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2026 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 28 de outubro de 2026 (DOG núm. 207, do 29 de outubro), modificada pola Resolución do 30 de outubro de 2026 (DOG núm. 209, do 2 de novembro), ao cal foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº

NIF

Apelidos
e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

Observacións

1

***1735**

Suárez Redondo, Marcos

Permanece no posto

MRO191000036001045

Xefatura de área II

MR

Servizo Territorial de Pontevedra

Fogga servizos territoriais

Pontevedra

A1-A2

26

2

***7935**

Lugaro Seco, Pablo

Permanece no posto

MRA110000415770036

Xefatura sección

MR

Área de Calidade Alimentaria

Axencia Galega de Calidade Alimentaria

Santiago de Compostela

A1-A2

25

3

***4717**

López López, María José

Permanece no posto

MRO191000027001053

Xefatura sección

MR

Servizo Territorial de Lugo

Fogga servizos territoriais

Lugo

A1-A2

25

4

***4683**

Freire Rancaño, Mónica

Permanece no posto

MRC992007227190001

Xefatura sección (Foz)

MR

Oficina de Foz

Servizos periféricos

Foz

A1-A2

25

5

***0345**

García Morrondo, David

Permanece no posto

MRC991030115001046

Xefatura sección

MR

Servizo de Explotacións Agrarias (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

A1-A2

25