Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 221, do 18 de novembro de 2026, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 57480, no segundo parágrafo do artigo 3, onde di: «As propostas, que irán dirixidas á Secretaría Xeral de Universidades, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario PR004, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal», debe dicir: «As propostas, que irán dirixidas á Secretaría Xeral de Universidades, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal».
