Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 25.11.2025 polo enxeñeiro técnico industrial Álvaro Rodríguez López, colexiado núm. 3675 do Colexio Oficial de Graduados en Enxeñería da Rama Industrial e Enxeñeiros Técnicos Industriais de Valladolid e visado por este colexio, co número 1279/26E, con data do 27.5.2026:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo: avenida San Luis, 77. 28033 Madrid.
Denominación: subestación Regueiro 132/20 kV novo T1 132/20 kV 15 MVA e blindaxe MT a SB.
Situación: subestación de Regueiro, no concello de Parada de Sil.
Orzamento: 2.000.673,10 €.
Características técnicas:
• Ampliación da subestación eléctrica da central hidroeléctrica Regueiro mediante unha nova posición convencional-blindada con tecnoloxía HIS (hybrid insulated switchgear) de 132 kV, para un novo transformador de 15 MVA e r/t: 132/20 kV.
• Blindaxe do actual parque de 20 kV cun novo edificio prefabricado de celas GIS e montaxe dun novo transformador de servizos auxiliares de 50 kVA e r/t: 20/0,42 kV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor un recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 3 de novembro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
