O Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 21 de xullo de 2021 a resolución de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais procedentes da sondaxe Os Penedos 99, no espazo termal de uso lúdico de Barbantes, cos seguintes datos:
• Titular: Concello de Cenlle.
• Nome da sondaxe: Os Penedos 99.
• Sección: B.
• Recurso: augas termais.
• Coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X: 581.346,77 e Y: 4.687.221,67.
• Concello: Cenlle.
O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.
En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no Portal de transparencia da Consellería de Economía e Industria.
https://economia.xunta.gal/es/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras
Ourense, 18 de novembro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
