DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 26 de novembro de 2026 Páx. 58723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2025/173-2).

Logo de examinar o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que se describe a seguir:

– Peticionaria: Begasa.

– Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

– Denominación: Reforma e automatización CT 13358 chalés Vega 2.

– Situación: concello de Lugo.

– Características técnicas principais:

Reforma e automatización do CT 13358 chalés Vega_2, no cal se substitúe a aparellaxe existente ao aire por aparellaxe telemandada de nova xeración, se instalan dúas celas de liña telemandadas e dúas de protección de transformador, se substitúen as pontes de MT e BT, se adecúan os circuítos de iluminación e de terras e se instalan dous novos cadros de BT de 8 saídas, potencia máxima admisible 2×630 kVA, potencia instalada 2×400 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

– Orzamento: 71.567,27 euros.

– Documentación que se achega: separata para o Concello de Lugo.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, concederlles a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, que se contarán a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. No caso de resultar aplicable en función da tipoloxía da instalación, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro ou cuxo funcionamento dependa deles nun medio illante ou de rotura. Unha vez que se constrúan estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Contra esta resolución poderase interpor un recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 5 de novembro de 2026

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Real decreto 140/2024, do 20 de maio)
Verónica Carballeira Campos
Xefa do Servizo de Industria