Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 8.7.2025 polo enxeñeiro técnico industrial Víctor Sánchez Villar, colexiado número 2082 do ICOIIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.
Solicitante: Construcciones Orega, S.L. B32184558.
Enderezo: viario 2-nave 1, 32792 O Pereiro de Aguiar (Ourense).
Denominación: Proxecto de LMTS DC 20 kV e centro de transformación 250 kVA para cesión á compañía UFD no IES Manuel Chamoso.
Situación: entre a estrada de Cabanelas OU-0461 e o IES Manuel Chamoso (lugar Mesego, 10), concello do Carballiño.
Orzamento: 228.029,86 €.
Características técnicas:
– LMTS, DC, a 20kV, de 468 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm², con orixe e final no entroncamento que se vai realizar na LMTS existente CNO808 nas coordenadas aproximadas UTM ETRS89 H29 X:574827, Y:4696862 no tramo comprendido entre os CCTT 32CY30 e 32CY31, despois de alimentar en bucle de entrada/saída ao centro de transformación proxectado.
– Centro de transformación proxectado, compacto en envolvente prefabricada manobra exterior 2L+1P, con transformador de 250 kVA e R/T: 20.000/400 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 20 de novembro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
