Mediante a Resolución do 28 de maio de 2026 (DOG do 11 de xuño e BOE do 25 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional especialista de oficios (xardineiro/a), grupo IV.I, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.
Mediante a Resolución do 22 de outubro de 2026 (DOG do 2 de novembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas ás citadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión. Rematado este prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o 17 de decembro de 2026, ás 10.00 horas, na sala de reunións do Centro de Formación de Persoal (avda. das Ciencias núm.7, 2º andar, Santiago de Compostela).
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer unha demanda no xulgado do social no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social.
Non obstante, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou, ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
