No Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 20 de outubro de 2026 publícase que Alejandro Rodríguez Quintela foi nomeado funcionario en prácticas, no canto de funcionario de carreira.
Logo de advertido o erro, o anuncio corríxese nos seguintes termos:
Mediante a Resolución da Alcaldía número 1055/2026, acordouse nomear a Alejandro Rodríguez Quintela funcionario de carreira no posto de axente de policía local (código RPT 7104), escala básica, categoría de policía.
Coristanco, 22 de outubro de 2026
Juan Carlos García Pose
Alcalde
