Mediante a Resolución da Alcaldía, do 13 de outubro de 2026 (Decreto núm. 2026-1664), unha vez acreditada a superación do curso selectivo de formación teórico-práctica impartido pola Academia Galega de Seguridade, e cumpridos os requisitos establecidos no proceso selectivo convocado pola Orde do 26 de xuño de 2025 (DOG núm. 125, do 2 de xullo), nomeáronse funcionarios de carreira do Concello de Cambados, na categoría de policía, escala básica do corpo de policía local, grupo C1, os seguintes funcionarios:
José Ramón Iglesias Méndez, con DNI ****9725*.
Iván Macho Soto, con DNI ****2481*.
Aos devanditos nomeamentos dáselles publicidade, para xeral coñecemento, consonte as bases do proceso selectivo e da lexislación de función pública vixente.
Cambados, 14 de outubro de 2026
Samuel Lago Ozón
Alcalde
