DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 26 de novembro de 2026 Páx. 58750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.14592 e doce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A15.14592 e doce máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes natural, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións
e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do trámite de audiencia

DH.A15.14592

Comunidade de Usuarios de Augas de Casacamiño

27.10.2026

E-78-129-P

José Fernández Casal

27.10.2026

E-2011-C

Manuel Cornes Iglesias

27.10.2026

E-52-C

José Fernández Otero

27.10.2026

E-1138-C

Agustín Redondo Maneiro e outros

27.10.2026

E-1307-C

Pedro Vázquez Pereira

27.10.2026

E-1704-C

Queserías do Noroeste, S.A.

27.10.2026

E-61-C

Inocencio Fuciños

27.10.2026

E-67-5796-C

Juan Casanova Bustelo

27.10.2026

E-70-C

Pastor García Varela

27.10.2026

E-2102-C

María Dolores Salgado Rodríguez

27.10.2026

E-1287-C

José Agra Rial

27.10.2026

E-76-383-C

José María Varela Budiño

27.10.2026