DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 26 de novembro de 2026 Páx. 58757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de novembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-69-C e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-69-C e nove máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes natural, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do trámite de audiencia

E-69-C

María Giménez Barbeito

9.11.2026

E-282A-C

Andrés Arjomil Costa

9.11.2026

E-1139-C

Juan Bautista Romero Canosa

9.11.2026

E-1338-C

Constantino Pose Lamas

9.11.2026

E-1483-C

Constantino Lorenzo Pérez

9.11.2026

E-1422-C

José Rivera Formoso e José Galdo Oca

9.11.2026

E-104-C

Luis Mayor Moreno

9.11.2026

E-66-2646-C_01

Manuel Suárez Santos

9.11.2026

E-1319-C

Manuel Couto Santos

9.11.2026

E-1336-C

Soledad Antelo López

9.11.2026