DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 26 de novembro de 2026 Páx. 58747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de outubro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Trazo (expediente DH.A15.107557).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Expediente: DH.A15.107557.

Agrixado, S.L. solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Agrixado, S.L.

NIF: B56401052.

Volume total anual: 103.556 m3 (92.511 m3 subterráneas e 11.045 m3 pluviais).

Caudal máximo instantáneo: 5,56 l/s.

Destino: uso rega.

Orixe: x= 538258, y= 4760742 (fuso29 ETRS89) (1); x= 538242, y= 4760721 (fuso29 ETRS89) (2).

Lugar: Vilamide.

Parroquia: Vilouchada (San Vicenzo).

Concello: Trazo.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga a través dunha sondaxe de 140 mm de diámetro de 85 m de profundidade ata unha balsa de 27.328 m3 na parcela de RC 15087A036003390000SB con destino á rega de kiwis nas parcelas 15087A036003390000SB, 15087A036003400000SW, 15087A504000070000AI, 15087A504000120000AE e 15087A504000450000AS. Aprovéitanse as augas subterráneas da sondaxe e as pluviais caídas na balsa.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 881 99 90 97.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2026

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro