DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 27 de novembro de 2026 Páx. 59127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de novembro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, de comunicación da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia pola expropiación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica (expediente IN407A 2022/72-2).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación, máis os xuros correspondentes. Este pagamento deriva do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica, correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Lugo, 13 de novembro de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/72-2.

Denominación: Regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 e CHA813 Currelos 13 entre AP D32 e AP D47 en Chantada (Lugo).

Predio

Titularidade proposta

Depósito número

2

Regina Fernández Penas

2026/27/589