Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA OMR806 substitución de apoios 9H5V74AN//109-A6-1 e 9H6WCVTE//109-A6-3, no concello de Ribeira (expediente IN407A 2024/117-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 16 de novembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/117-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA OMR806 substitución de apoios 9H5V74AN//109-A6-1 e 9H6WCVTE//109-A6-3.
Concello: Ribeira.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data de ocupación |
|
2 |
Armosende |
15074A821009440000ZB |
Descoñecida |
25.11.2026 |
